Diario Cultural
A película 'Feedback', de Vaca Films, chega aos cines
A película Feedback, da produtora galega Vaca Films, chega aos cines esta semana. O filme narra o secuestro do programa de máxima audiencia dunha emisora de radio londinesa.
O papel da música é fundamental nesta película dirixida por Pedro Corredoira Alonso. Hoxe falamos co compositor da banda sonora, Sergio Moure de Oteyza.
"O sonido e a música sitúan ao espectador no contexto. A música ten que funcionar de forma paralela á imaxe", explica o compositor.
"Un dos agasallos deste traballo é poder traballar en filmes de xéneros moi diferentes", engade o músico.
"Cando compoñía Secuestrados baixaba a persiana e poñía sons de tormenta, agora coa película de debuxos infantís pídolle opinión as miñas fillas pequenas", conta o compositor, quen confesa que lle gusta vivir na súa pel as emocións que transmite o filme en cada segundo.
Nunha película como esta a maquillaxe tamén xoga un papel fundamental. Falamos co seu responsable, Alberto Hortas, de Cuatro Ojos Estudio.
"O guión xa está escrito, entón o meu traballo é recrear todo o que representa", afirma.