CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza OUFF, o festival de cinema de Ourense

25/09/2020 - 17:30 h

O Ourense Film Festival enche de cinema a capital termal. Na celebración dos seus 25 anos, a nova edición do OUFF rende homenaxe a Eloy Lozano coa proxección do filme Las bellas durmientes.

No OUFF darase tamén a estrea mundial de Spitsberen, o gardián do Ártico, do cineasta Ignacio Benedetti. Esta é a primeira longametraxe gravada e acabada en Super 8, primeira dunha serie de documentais de Stop quentamento global, que pretende sensibilizar sobre as consecuencias do cambio climático.

Ademais, a actriz e directora teatral ourensá Rosa Álvarez recibirá o premio da honra da Fundación AISGE. Será durante a gala de clausura, que servirá tamén para dar ao público unha primicia do filme Cuñados.