CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O documental 'Pedrón do Freixo' proxéctase no Teatro Colón

25/01/2019 - 10:30 h

Mañá proxéctase no Teatro Colón da Coruña o documental 'Pedrón do Freixo', de Ángel Cordero. Un documental baseado na vida e historia de José María Tojeiro Pita, 'Pedrón', que viviu toda a súa vida no Freixo, nas Pontes. Unha historia individual que representa a de moitas outras persoas en Galicia. 

"A mirada de Pedrón mentres vía esta peza era para facer outro documental", conta Ángel Cordero, quen valorou a forma en que Pedrón fixo positiva a contorna en que vivía para el mesmo e para os demais, un heroe da súa terra.

Tamén chega a terceira edición do #PequeFilmes. Neste espazo cultural da Radio Galega falamos con Jorge Rivero, coordinador do proxecto.

"Temos un obradoiro para construír un proxector de cine caseiro que funciona cun móbil e cunha caixa de zapatos", explica.