CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Disco Disko': música disco dos 70 no terceiro disco de Monoulious Dop

24/11/2022 - 10:32 h

O dúo Monoulious Dop presenta o seu terceiro e novo traballo co título de 'Disco Disko', que ademais coincide coa celebración do décimo aniversario da banda. Ritmos bailables e retrousos pegadizos nun exercicio musical que referencia a música disco dos 70, pero cargada de retranca, humor e certo existencialismo dende a compostela máis nocturna.  

A banda de Noia achéganos o disco definitivo para encher as pistas de baile cun dos espectáculos máis pegadizos, divertidos, sorprendentes e retranqueiros do panorama musical galego. A presentación será o sábado 26 na sala Capitol, e Vituco falou con Ula tomando un café nunha cafetería da zona vella compostelá.