CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Xesús Fraga, premio Blanco Amor de novela

24/11/2019 - 09:30 h

O xornalista e escritor Xesús Fraga acaba de gañar o premio Blanco Amor de novela con Virtudes (e misterios), unha obra sobre a emigración e o retorno.

Fraga, nado en Londres, conta a historia da súa propia familia, marcada nas últimas xeracións pola emigración a América e a Europa. A novela publicarase na editorial Galaxia a próxima primavera.