Diario Cultural
Galaxia publica 'Unha historia da música en Galicia. 1952-2018'
A editorial Galaxia publica unha enciclopedia da música galega Unha historia da música en Galicia. 1952-2018, de Fernando Fernández Rego. Falamos co seu autor neste Diario cultural.
Que música soaba nas casas no ano 1952? Facemos unha viaxe pola historia da nosa música, un reflexo do noso pasado.
Músicos galegos que tiveron que traballar fóra porque en Galicia non había industria musical. A nosa cultura quedou tamén gardada neses estudios de gravación. Fernando Fernández Rego puxo en marcha un gran traballado de investigación baseado na busca das fontes e entrevistas orais, ante a falta de bibliografía sobre a música do país.