CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Elena Gallego publica a quinta entrega de 'Dragal'

23/09/2019 - 17:30 h

Comezamos semana falando de literatura e dragóns. Dragóns que existen na nosa tradición e en moitas lendas galegas. Elena Gallego é a autora da saga Dragal, que chega á súa quinta entrega editada por Xerais.

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?

Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura.

Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergameo que desvela a existencia das catacumbas pode supor un desastre.

Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para conquistar novos e vellos lectores. "Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón".