CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Fábulas da montaña', monicreques con perspectiva de xénero

23/06/2021 - 10:48 h

Roberto Pascual cóntanos todo sobre esta nova obra:

En 'Fábulas da montaña', Concepción Arenal repasa a súa infancia en Ferrol e o posterior traslado a Armaño, Cantabria, tras a morte do seu pai.

Alí, na convivencia cos animais da casa e ante o respecto de lobos e osos, escribe o seu libro 'Fábulas en verso orixinais'.

Historias onde destaca a súa loita polos dereitos das mulleres, das clases desfavorecidas e a defensa da educación como medio para conseguir a igualdade.

En escena, a actriz Larraitz Urruzola interpreta a Concepción Arenal, que cos monicreques na súa saia-teatriño presenta momentos da súa mocidade e as súas fábulas. Merran Laginestra, no papel de amiga da escritora, interpreta en directo temas populares e de Marcial de Adalid, compositor galego coetáneo da ferrolá e alcumado 'o Chopin español'.

Segundo as ilustracións da época, a saia-teatriño, en que unha muller era sempre a monicrequeira, foi un recurso escénico utilizado nas veladas das clases ilustradas do século XIX. Con esta proposta queremos recuperar e incorporar ao corpus dramático galego este valioso patrimonio teatral esquecido.