Diario Cultural
O 'Diario cultural' emite dende Cans
Programa especial do Diario cultural dende o Festival de Curtas de Cans que se está a celebrar durante estes días.
Estamos acompañados polo coordinador do Festival, Abel Gallego, e ademais polos nosos micrófonos pasaron Adrián Canoura, que compite na categoría Furacans con Caerán lóstregos do ceo; Mariana Carballal co proxecto Orballo; Gaspar Broullón, director de produción de Eroski Paraíso, filme que inaugura hoxe as proxeccións no festival, e a directora de fotografía Lucía Catoira.