CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Celebramos o Día do Libro cunha viaxe por librarías e museos

23/04/2019 - 10:30 h

Libros para viaxar, para descubrir, para sentir, para coñecer... Hoxe celebramos o Día do Libro cunha visita a algunhas librarías galegas.

Neste Diario cultural imos ata a libraría Moito conto, onde falamos con Esther Gómez, quen se mostra moi agradecida con todos os lectores que hoxe comparten cos libreiros mostras de agarimo e felicitacións.

"A xente gústalle compartir este día, agasallar un libro ou unha flor e a ilusión de que alguén pense en ti", di a libreira.

Lonxe dos grandes despachos e departamentos de mercadotecnia, os libreiros recomendan libros aos seus clientes despois de falar un pouco con eles para coñecelos mellor. Pode haber un libro agardando por cada persoa, a recomendación debe ser persoal e nunca guiada polos gustos comerciais.

Os libros tamén están nos museos e neste espazo cultural imos ata o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde falamos con Iria Fernández Mouriz.