CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Destempo', relato de reencontros e desencontros

23/03/2021 - 10:51 h

Esta semana Armando Requeixo achéganos á lectura de 'Destempo', a máis recente novela de Silvia Bardelás.

'Destempo' (Barbantesa) é á vez o relato dun reencontro e dun desencontro: o dunha avoa que lle pide ao seu neto que regrese a Galicia dende EUA para pasar con ela un verán que acaba por mudar a vida de ambos os dous.

Narración chea de reflexións sobre o paso do tempo, o sentido da existencia, o sentimento de pertenza a un lugar e unha familia e tamén de consideracións sobre a identidade, a capacidade de mudar o noso destino e as idealizacións do pasado, esta historia é un canto á loita polas revolucións interiores e o afán por liberarnos dos atumes vitais que nos aferrollan.