CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Kumo Kosa ta', Adrián Canoura e Baiuca no Caribe colombiano

21/09/2022 - 17:49 h

 

Andrea Villa avánzanos hoxe algunhas das curtametraxes galegas que poderán verse no festival Curtocircuíto, do 1 ao 9 de outubro. Tamén nos avanza unha das estreas galegas do OUFF, a mediametraxe 'Kumo Kosa Ta? Recuerdos de Palenque' de Adrián Canoura, cineasta e artista visual que forma parte do proxecto musical Baiuca. A peza realiza un retrato da viaxe da banda na súa xira por Colombia e da súa residencia artística en San Basilio de Palenque.