CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Consello da Cultura Galega lembra a figura de Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento

21/08/2020 - 14:47 h

Isaac Díaz Pardo é unha das figuras máis destacadas da historia do século XX e polo tanto, o centenario do seu nacemento non podería pasar como unha data máis no calendario, unha mera efeméride.

Así é que o Consello da Cultura Galega tomou a iniciativa nesta fin de semana de conmemorar a figura do intelectual galego cun memorial destinado a revisitar e difundir o seu labor.

Entre as accións levadas a cabo, é preciso salientar a publicación da correspondencia entre o propio Isaac Díaz Pardo e o escritor Luís Seoane.

No epistolario, Díaz Pardo e Luís Seoane tratan e discuten multitude de temas, coma a intrahistoria do laboratorio de Formas e Cerámicas de Sargadelos, a problemática que tiña o galeguismo no interior do país e probablemente o tema máis espiñoso: as accións levadas a cabo polo galeguismo no exilio e o choque que supuxo o retornar os restos de Castelao a Galiza.