CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Carlos López publica 'O dragón que non botaba lume'

19/08/2020 - 10:41 h

Publicado pola Editorial Galaxia, O dragón que non botaba lume narra a historia dun dragón que só facía cousas malas incendiando vilas enteiras, grandes bosques e as palleiras dos labregos. Así que o lume, canso, decide abandonar ao dragón ata que cambia e comprométese a non facer máis o mal. Un conto infantil da autoría de Carlos López e ilustrado por Óscar Villán.