CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Chema Prado e a súa mostra 'Series', a antesala da 28ª edición do Ourense Film Festival

18/09/2023 - 10:31 h

No seo da 28ª edición do Ourense Film Festival, Chema Prado presenta Series, unha mostra que nos conduce pola súa experiencia vital e profesional en imaxes. Prado é un referente no sector cinematográfico dende hai décadas, non só no país, senón tamén no ámbito internacional. Foi durante 27 anos director da Filmoteca Española.

Aínda que o festival de cine comeza o 29 de setembro, esta exposición pode visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 12 de novembro.