CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Oito días sen Eva Cortes', o debut de Sara Vila

18/01/2022 - 10:45 h

Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de Oito días sen Eva Cortes, de Sara Vila Alonso.

Oito días sen Eva Cortes (Galaxia) gañou o Premio Illa Nova de Narrativa, un thriller no que se nos relata a desaparición dunha moza en estrañas circunstancias e as pescudas da policía para saber dela. No curso da investigación, unha afouta xornalista acabará xogando un papel esencial no descubrimento do que aconteceu.

Alén da peripecia investigadora, esta novela enfróntanos a interesantes reflexións verbo da ética xornalística, a natureza do amor, o emprego das redes sociais como vía para establecer relacións sentimentais ou a violencia de xénero.