CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Jaime Pena, responsable de programación do CGAI, participa estes días na Berlinale

15/02/2018 - 15:25 h

"A nivel de programación hai unha maior afinidade coa Berlinale, sobre todo co Forum e o Forum Expanded, que con calquera outro festival"

Jaime Pena, responsable de programación do CGAI, é un dos galegos que estes días participan da Berlinale onde Diana Toucedo estrea internacionalmente 'Trinta Lumes'. Perfil diferente o de Frida Filmes, unha das 21 produtoras de todo o mundo seleccionadas no Foro de Coprodución do Mercado do festival.