CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Idoia Cuesta e Álvaro Seivane, galardoados nos Premios Artesanía de Galicia

13/12/2021 - 17:30 h

A gala celebrada en Santiago de Compostela para a entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2021 coroou co gran premio ó obradoiro de cestería Idoia Cuesta, quen nos visitou neste Diario Cultural, para falar da artesanía galega, do seu propio traballo e da súa peza 'Abisal', un cesto con materiais de pesca artesanal reciclados que lle valeu a vitoria neste certame. Mais non foi a única visita, pois tamén Álvaro Seivane, receptor do premio honorífico Traxectoria, e Julia de la Cal, do obradoiro de cestería La Parabólica e gañadora da Bolsa Eloy Gesto prestaron testemuño, experiencias e pensamentos.