CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A sede de A Fundación da Coruña acolle a mostra fotográfica 'Indestructibles', unha mirada á África nova

13/08/2020 - 14:40 h

A través da historia de once nenas e nenos en dez países diferentes, esta exposición reflicte os logros e desafíos dun continente diverso e fascinante. Os seus autores, Alfonso Rodríguez e Xavier Aldekoa, din que Indestructibles non é un proxecto sobre gañadores nin de perdedores, senón un proxecto sobre a infancia africana que loita.

A mostra fotográfica que acolle a sede de A Fundación da Coruña forma parte dun proxecto transmedia que inclúe varias reportaxes, unha páxina web, a publicación dun libro e incluso unha longametraxe.