Diario Cultural
Entrevista ao director do Museo do Pobo Galego, Clodio González
No marco da programación especial das #LetrasGalegas2019, Ana Romaní entrevista o director do Museo do Pobo Galego, Clodio González.
Clodio González fai un repaso da época estudantil de Fraguas, primeiro en Pontevedra e posteriormente en Santiago, para logo centrarse no seu labor de mestre na Estrada, nos anos da represión franquista enque perde a cátedra, na recuperación de praza en Lugo e no seu labor á fronte do Museo do Pobo Galego: o gran proxecto etnográfico de Fraguas.