CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O documental 'Reboiras. Acción e corazón' conmemora os 45 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras Noia

12/08/2020 - 10:42 h

Reboiras. Acción e corazón leva á pantalla un retrato fiel, construíndo a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política.

A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el compartiron diversas etapas da vida.

Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.