Diario Cultural
A arte 'Expresiomixta' de Raúl Velloso
A Sala Rosalía da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo inaugura o ano expositivo esta corta feira coa mostra pictórica Expresiomixta do artista Raúl Velloso. A mostra reúne unha trintena de obras coas que o artista quere reivindicar o papel da muller galega, alén da muller no mundo, e ao mesmo tempo involucrarse máis "na loita que os homes debemos levar a cabo ao seu carón, para mentalizar a sociedade de que un mundo en igualdade será un mundo máis xusto para todas e todos".