CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Falar por falar'

12/01/2022 - 10:49 h

Roberto Pascual preséntanos o espectáculo 'Falar por falar', da compañía Volta e dálle, interpretado por Carlos Santiago e Víctor Mosqueira.

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises sociolingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño.