Diario Cultural
'Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020' e os '60 días de alarma' de Ramón Leiro, expostas na alameda de Pontevedra
Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020 e os 60 días de alarma de Ramón Leiro, expostas na alameda de Pontevedra.
A mostra colectiva Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020 recolle as 60 fotografías que concorreron a este certame, aínda que o protagonismo recae nas 15 fotos seleccionadas por un xurado especializado, por considerar que son as que mellor documentan o impacto e a pegada dunha situación que permanecerá para sempre na nosa memoria colectiva.
As 15 fotografías seleccionadas corresponden a veciños e veciñas de Pontevedra, con idades comprendidas entre os 9 e os 67 anos, e que achegan a súa mirada persoal sobre situacións comúns daqueles días insólitos, entre as que predominan paisaxes e rúas baleiras e xestos de ánimo e solidariedade.
No mesmo espazo e durante as mesmas datas, tamén se exhibe 60 días de alarma, unha selección de 30 fotos do fotoxornalista Ramón Leiro, con quen falamos no programa de hoxe.