CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Letras Galegas 2022 | O exilio mexicano

11/05/2022 - 10:32 h

Este 17 de maio será o primeiro Día das Letras dedicado a un exiliado en México, país que acolleu sen reservas os refuxiados republicanos tras a guerra civil. Homenaxéase así un grupo de galeguistas que impulsou iniciativas políticas e culturais de grande importancia; en moitas daquelas iniciativas participou de forma destacada Florencio Delgado Gurriarán.