Diario Cultural
Arte e océano
Mónica Maneiro comenta Liquid Ground, a exposición da artista Enar de Dios Rodríguez, que acolle a galería compostelá Nordés. Unha grande instalación en que os océanos son protagonistas a través de ilustracións dos seres que os habitan, das exploracións do fondo mariño realizadas no pasado, das visións do futuro e das representacións dixitais que se constrúen hoxe para os espazos submarinos.