CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Letras Galegas 2022 | A guerra civil e o compromiso político

10/05/2022 - 17:31 h

Seguimos explorando a viaxe vital e literaria de Florencio Delgado Gurriarán. Nos anos 30 comeza o seu compromiso galeguista e republicano, que o acompañará toda a vida. Co triunfo da sublevación militar do 36 en Galicia, escapa para salvar a vida e intégrase no servizo de información do exército republicano. Delgado Gurriarán será un dos moitos galegos que teña que marchar ao exilio. No seu caso, con destino México.