CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Libros sobre Fraguas para o público infantil

10/05/2019 - 10:52 h

 

Montse Pena Présas trae hoxe propostas para achegarlle a Antonio Fraguas ao público infantil: 
Héctor Cajaraville publica en Xerais Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo. Unha biografía pensada para a rapazada que sintetiza a longa vida do homenaxeado no Día das Letras cunha escritura fluída e coidada. Recóllense moitas anécdotas da vida de Fraguas e remárcanse, sen caer en maximalismos, algúns dos momentos máis duros da vida de Fraguas, especialmente o acontecido en 1936.

Galaxia achega un libro-cd de Xoán Curiel con ilustracións de Nuria Díaz, Canta miña pedra, canta. Curiel crea algunhas cancións de seu sobre Fraguas e a súa vida, pero tamén recolle certas composicións do Cancioneiro de Cotobade. O máis interesante das cancións son precisamente a conxunción de diferentes ritmos, dende os máis tradicionais ata sons achegados ao pop ao rock lixeiro ou aos ritmos do mundo, especialmente de raíz brasileira.