Diario Cultural
Comeza o Festival PontePoética en Pontevedra
Pontevedra convértese na cidade da poesía e acolle o Festival de PontePoética. Neste Diario cultural escoitamos a Yolanda Castaño, directora deste evento. Tamén falamos cos poetas Isabel Ramos e Silvia Penas. Que significa para ti a poesía?
"Poeta é unha persoa que traballa coa palabra e na palabra para dotala de máis usos e de máis significados", di Yolanda Castaño.
Un lugar de encontro entre diferentes culturas, onde poetas de diferentes lugares e linguas comparten unha linguaxe común: a poesía.