CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Talía Teatro estrea 'Morte accidental dun anarquista'

10/03/2022 - 17:31 h

 

Talía Teatro estrea este venres en Santiago 'Morte accidental dun anarquista', un texto xa clásico do dramaturgo e nobel italiano Darío Fo, creado a partir da morte do ferroviario anarquista Giuseppe Pinelli en 1969. Unha obra política e disparatada da que falamos con Artur Trillo, director de Talía e membro do elenco, e con Cándido Pazó, director do espectáculo.