CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O teatro de Fernando Castro Paredes

10/02/2021 - 10:50 h

 

Este asturiano residente en Cee deuse a coñecer nos últimos anos no ámbito da dramaturxia gañando os Premios Rafael Dieste ou o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño para público adolescente. Pero Fernando Castro xa navegara no teatro no ámbito do teatro escolar e afeccionado. Agora falamos das súas últimas pezas premiadas e editadas, 'Amorodo agre' (Deputación da Coruña) e 'A derradeira bala(Editorial Galaxia).
Dous estilos moi diferentes, dous tons opostos, dúas mostras da versatilidade dun autor que sabe moverse da comedia farsesca e absurda ao drama social con profundidade simbolista e cáustico.
Un comentario de Roberto Pascual