CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Asalto ao ring de boxeo para loitar con palabras

09/11/2018 - 10:30 h

A Cidade da Cultura, un ring de boxeo e un gran número de participantes son os protagonistas do ciclo Asaltos, unha iniciativa na que os loitadores soamente poden empregar unha única arma: as palabras. A primeira xornada, este venres día 9, contará coa participación do periodista Óscar López, o crítico literario Ramón Nicolás e a libreira Alejandra de Diego. Este debate será moderado por Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

A coordinadora do proxecto, Alba María, visitou o 'Diario Cultural' e asegurou que "empregar as palabras para expresar o que pensamos e sentimos é absolutamente poderoso". O conflito como unha forma de buscar argumentación e adquirir novos coñecementos. A Cidade da Cultura converterá novembro nun mes de boxeo con palabras.