CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Teatro afeccionado co libro 'A Lola', de Manuel Ayán

09/01/2019 - 10:53 h

A diversidade de grupos de teatro afeccionado ou escolar ten dado e segue a xerar moitos froitos, tanto para a dinamización no ámbito da creación como da recepción escénicas. Non se pode entender o progreso do teatro profesional galego sen a existencia de colectivos que en distintas comunidades ensaian, escriben, traducen ou experimentan arredor da Arte teatral.

Hoxe fixámonos no libro A Lola, de Manuel Ayán (Laiovento). Un texto escrito para o grupo teatral Argallada de Pontevedra e que nos leva, a través dunha historia tráxica de descubrimiento do pasado de represión, ambición e dogma nacional católico do franquismo, á vixencia da defensa da igualdade, da educación laica, do feminismo, da liberdade de expresión, do respecto á diversidade. Unha trama determinada polo "pasado non ausente", como se indica no propio libro. Unha das moitas experiencias éticas, democráticas, cívicas, participativas, lúdicas e de aprendizaxe que o teatro afeccionado nos brinda, neste caso a través da fábula de dous mozos que, ao querer casar, descobren que son irmáns, froito de moitas historias ocultas do pasado franquista.