Diario Cultural
As 'Cigarreiras' reviven nas táboas
Unha nova mirada a La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán. Cándido Pazó adaptou o texto para levalo ás táboas, unha obra teatral que traslada esa realidade das traballadoras da Fábrica de Tabaco da Coruña. A peza, de Contraproducións, chega este domingo ao FIOT de Carballo.