Diario Cultural
Dos Mestre Mateo á MICE
Pasamos revista a esta intensa semana audiovisual con Andrea Villa. Preparámonos para os premios Mestre Mateo, que se entregarán en Ourense o 11 de marzo. Falamos tamén do Festival de Málaga, con nutrida participación galega nesta edición. Ademais, avanzamos contidos da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se desenvolverá entre o 15 e 21 de marzo, e do Carballo Interplay, que xa anunciou algúns nomes da súa décima edición.