CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Galicreques reivindica os monicreques para público adulto

05/10/2022 - 17:30 h

 

A 27ª edición do festival Galicreques vai estrear o selo específico 'Cara Bé' para as obras destinadas ao público adulto, por canto este tipo de teatro pode interpelar a espectadores de todas as idades.
Entre este sábado e o 16 de outubro Galicreques acolle en Santiago 60 funcións de compañías chegadas de  Arxentina, Portugal, Turquía, Brasil ou Italia e unha panorámica da creación de marionetas en Galicia.