CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Entre o amencer exipcio e as sinfonías heroicas

05/10/2022 - 10:50 h

Na colaboración de hoxe ímonos centrar nos dous concertos que ofrece esta semana a OSG, os dous de abono, venres e sábado no Pazo da Ópera coruñés. Un repertorio ben interesante de Saint-Saëns e Beethoven, un director convidado, o holandés Otto Tausk, e un solista de excepción, o pianista Javier Perianes, ofrecerán ben seguro unhas veladas para o recordo. Porque como veremos, nesta música e nestes intérpretes hai moita maxia e tamén moita historia.