CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Ton Van Vliet, o fotógrafo que retratou Agolada co corazón

05/10/2022 - 10:31 h

Ton Van Vliet naceu nos Países Baixos e chegou a Galicia de vacacións cun amigo nos anos 80. En realidade el quería ir a Escocia, pero o amigo tiraba máis para España, e acordaron que o punto intermedio entre os dous países era Galicia. Así foi parar, por casualidade, a Agolada. Primeiro foron dous meses, agora xa é unha terra e unha xente á que leva no corazón e á que visita sempre que pode.

Con esa emoción, estivo hoxe no Diario cultural presentando o seu libro, O pálpito interior, editado polo tamén fotógrafo Eutropio Rodríguez para aCentral Folque. Eutropio chegou a través das redes ás imaxes de Ton, e soubo que tiña que facer un libro.

Agora O pálpito interior preséntase na primeira edición do festival Cámara Escura de fotografía e literatura. O 6 en Compostela, o 7 en Agolada e o 8 en Mondoñedo.