CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Décima edición do Xacobeo Importa

04/11/2021 - 17:49 h

O ciclo musical Xacobeo Importa celebra este outono a súa décima edición cunha serie de catro concertos de artistas internacionais que arranca este domingo en Santiago con Efterklang, cita á que seguirán os concertos da solista de jazz Cécile McLorin Salvant no Auditorio Afundación de Pontevedra o día 9, do alemán Christian Löffler no Mondo Club de Vigo o día 25 e o do grupo estadounidense Cracker no Teatro Principal de Ourense o 4 de decembro.