CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Últimos días para visitar 'Nalgures' no CGAC

04/10/2022 - 17:52 h

 

Mónica Maneiro condúcenos a través da exposición 'Nalgures' da artista australiana Narelle Jubelin, que pode visitarse no CGAC ata o 16 de outubro. Unha mostra comisariada por Natalia Poncela en que Jubelin reflexiona sobre a idea de territorio, de Galicia como lugar, e sobre a importancia da arquitectura, da cultura e do contexto social na construción da paisaxe.