CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A Galicia que se liberaba sexualmente

04/05/2021 - 10:47 h

Esta semana 'Nus', de Manuel Gago, é a novela á que nos convida Armando Requeixo.

'Nus' (Xerais) mergúllanos na Galicia dos primeiros oitenta a través das lembranzas dun vividor que experimenta a liberación sexual no medio das loitas nudistas desa altura, ao tempo que vai escalando politicamente axudado polo seu cinismo e incredulidade.

Mais 'Nus' é tamén un documento sociolóxico que analiza a Galicia da transición, a revolución ideolóxica que entón se produciu e como a loita libertaria foi do sexual ao político pasando polo económico e anticlasista.