CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Quen foron os premiados dos Mestre Mateo?

04/03/2019 - 10:30 h

A gran triunfadora da noite foi a película A sombra da lei. O filme dirixido por Dani de la Torre e producido por Vaca Films obtivo dez premios, entre eles, mellor película e mellor dirección.

O actor Luís Tosar acadou o galardón por mellor interpretación masculina. Rodrigo Vázquez consegue o Mestre Mateo como mellor comunicador de televisión polo programa Ti Verás da Televisión de Galicia. 

A actriz Melania Cruz obtén o Mestre Mateo pola súa interpretación feminina de reparto en Trote; Raquel Fidalgo e Noé Montes, por mellor maquillaxe e peiteado en A sombra da lei; e Clara Bilbao, por mellor vestiario en A sombra da lei.

Federico Pérez logra o Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto polo seu papel en Trote. E Buscadores de naufraxios, como mellor programa de televisión.

A academia do audiovisual galego premia a actriz Mela Casal co premio Fernando Rei. O seu discurso foi un dos momentos máis emocionantes da gala.

Neste espazo cultural falamos con Emma Lustres, produtora de A sombra da lei; e con Xacio Baño, director de Trote, outra das grandes triunfadores da noite, con cinco galardóns.