Diario Cultural
Lecturas aventureiras para a infancia
Eva Mejuto proponnos hoxe dous álbums ilustrados con historias de aventuras. O tesouro do pirata Frank é unha tradución da editorial Patas de Peixe de ritmo trepidante e final con sorpresa. Fortunato quere ir á Lúa é un álbum que cómpre ler en vertical, con texto de Carlos López, ilustracións de Óscar Villán e publicado pola editorial Galaxia.