CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil

02/04/2019 - 10:30 h

Hoxe é o Día Literatura Infantil e Xuvenil e falamos con Xosé Antonio Perozo, presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX.

"Os libros fannos máis libres, para o presente e para o futuro", asegura Xosé Antonio Perozo, quen recorda ler o Quixote con apenas trece anos.

Neste espazo cultural falamos con pequenos lectores como Pablo, de 12 anos, da Biblioteca Municipal da Guarda. Tamén escoitamos as recomendacións literarias de Uxía Rúa e Antía Iglesias, do IES Paralaia de Moaña.