CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Inaugúrase a Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo

01/03/2019 - 10:30 h

Neste espazo cultural imos ata Mondoñedo, onde hoxe é a inauguración da Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro. O lugar onde o escritor viviu máis de tres décadas, onde xurdiron as súas letras e onde os visitantes poden achegarse ao mundo fascinante dun escritor galego, pero tamén universal.

Unha casa onde Álvaro Cunqueiro escribiu obras como Merlín e familiaAs crónicas de Sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas. Dende o seu cuarto, o escritor tiña vistas ao gran rosetón da catedral de Mondoñedo, que hoxe é Patrimonio da Humanidade.

Xosé Manuel Salgado foi responsable de representar toda a esencia do escritor na casa e trasladar aos visitantes a un pequeno anaco do mundo cunqueriano.

"Falei con moita xente e tratei de entender en profundidade a vida e obra do escritor", asegura.

Voces como a de Armando Requeixo, Darío Villanueva, Víctor Freixanes e Marina Mayoral compoñen un retrato do escritor na casa.