CRTVG

Buscar

A Crónica | Fin de Semana

Gonzalo Caballero, candidato nas primarias do PSdeG-PSOE

20/08/2017 - 14:21 h

Gonzalo Caballero esixíalle este domingo neutralidade á xestora tras a polémica xerada logo de que a conta oficial do partido en Facebook promocionase un acto doutro dos aspirantes nas primarias, Díaz Villoslada. Nunha entrevista na Radio Galega, Caballero non pediu a súa dimisión pero advertiu:

Se o aparato e os baróns da organización están tentando propoñer unha liña de acción máis proclive a unha das candidaturas, creo que estaríamos cometendo un erro importante

A militancia vai querer protagonizar o proceso, vai marcar co seu voto unha etapa de cambio e non se vai deixar levar por procesos definidos en determinadas operacións de deseño que dificulten unha rexeneración e unha renovación do socialismo galego

Considera que nestas primarias se xoga se se mantén unha "liña de equilibrio de poderes de baróns, de baróns que tentan manexar dende atrás a folla de ruta do socialismo galego".

E eu creo que toca un cambio e ese cambio non pode ser un cambio a medias tintas ou un cambio tutelado ou manexado dende atrás

Se hai un candidato do aparato, ese será unha determinada dirección que pode tentar establecer unha liña máis conservadora de manter a mesma solución con distintos nomes e distintos perfís pero non unha etapa que é a que eu estou plantexando, de rexeneración e renovación do socialismo galego de abaixo cara arriba protagonizado pola militancia

Gonzalo Caballero non pecha a porta a que poida haber pactos con outras candidaturas se deciden sumarse á súa vía.

Todo o que poida reforzar ese proxecto é importante pero a renovación e o peso da militancia teñen que ir á fronte. Non podemos caer en operacións de deseño que confundan a folla de ruta