Convivir
Sangue Galego, sangue de confianza
Unha familia Italiana, negouse a que o seu fillo recibira unha
transfusión de sangue, ante unha operación de urxencia extrema. Un xuíz
actuou de oficio e ordenou que os médicos procedesen a transfundir e
operar de inmediato.
A Directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López,
falounos dos protocolos de supervisión do sangue recollido. O resultado
é claro: o sangue que se transfunde en Galicia é perfecto, non provoca
mal ningún.
Neste momentos non é que haxa unha necesidade específica de sangue, pero
a Directora de ADOS lembra, que sempre se necesita sangue, aínda que
sexa para almacenar. A positivo e Cero negativo, os máis buscados.