Destacados
Navega polos nosos contidos máis Destacados:
A opinión de Fernando Ónega | Divulgación | Diario Cultural | Galicia por Diante | Entrevistas | Debates locais| Deportes | Panorámica | A Tarde |Humor |RG máis | O Poigrama |
-
Unha ponte entre Galicia e Portugal
Alberto Mancebo lévanos ata a eurocidade Salvaterra-Monção para escoitarmos como é vida na raia galego-portuguesa. A ponte que une estas dúas localidades das dúas beiras do Miño ampliarase en 2020, xusto cando fai un cuarto de século, pero a historia compartida é moito máis longa.
-
Músicos mundiais: Patricia Pazos e Tomé Dávila
Moitos profesionais do ámbito da música clásica marchan ao exterior a se formaren e a traballaren en orquestras doutros países.
Conversamos coa fagotista de Visantoña Patricia Pazos Pintor, que pasou por Suíza e actualmente reside no País Vasco, e mais co clarinetista Tomé Dávila Cacheda, asentado en Suíza.
-
'Concomitentes': nova vida para o legado dos García Naveira
Concomitentes promove a creación dunha obra de arte contemporánea en Betanzos a partir do legado dos irmáns García Naveira, filántropos retornados da emigración á Arxentina.
Coñecemos este proceso participativo na primeira sesión aberta, e escoitamos as opinións de betanceiros e betanceiras.