Ao Contraataque
Lucas Pérez: "Se eu fose seleccionador, Aspas estaría na selección"
O dianteiro galego do Elxe, Lucas Pérez, xogou onte Ao contraataque na Radio Galega a 3 días de se enfrontar ao Celta na 8ª xornada de liga na Primeira División.
Lucas puxo en valor a figura futbolística de Iago Aspas e manifestou o seu desexo de poder vestir de novo algún día a camiseta da selección galega de fútbol.