CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

J.L. Mateo: "Levabamos moito tempo detrás de Kravic"

29/07/2019 - 23:40 h

O director xeral do Obradoiro, Jose Luis Mateo, xogou onte Ao contraataque.

O mandatario compostelán afirmou que o equipo obradoirista está pechado tras a chegada de Mike Daum e destacou a dificultade da fichaxe de Dejan Kravic: "Virtus non quería desprenderse del, abríronlle a porta e nós levabamos moito tempo detrás, dicíndolle que o queriamos. Soubemos estar aí. Sen contrato e no mercado non teriamos opcións de asinalo".

Ademais, o director xeral obradoirista recoñeceu que o nivel da competición este ano será máis alto tras os ascensos de Betis e Bilbao e dixo que está satisfeito coa resposta da afección ante a nova campaña de abonados.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.